17/1/12

Despois dun tempo en porto, a Nao abastécese para unha nova singladura. A base segue sendo a mesma: o coñecemento na súa diversidade de linguaxes como vía de transformación dunha sociedade máis libre, xusta e igualitaria.

Nunha análise despaixonada, mais alá de calquera ideoloxía, a realidade que se nos está a impoñer vén derivada da incapacidade da clase política inmersa nos intereses dos partidos para desenvolver un verdadeira política social e a cesión á ditadura dos mercados das conquistas sociais e as liberdades. En definitiva, unha nova orde baseada no sometemento de moitos á avaricia duns poucos.

É neste sentido que vemos a necesidade de crear este espazo aberto a todo tipo de expresións artísticas, xusto nun momento onde a crise e os recortes sociais están a facer verdadeiros estragos dentro da cultura e a educación. A necesidade e o dereito da sociedade a expresarse a través da arte non poden ser cuantificados como un valor máis de mercado, se non como un acto esencial do ser humano, un modo de enriquecemento persoal e colectivo, incuantificable e incuestionable.

Dende a Nao queremos compartir con todas aquelas persoas, colectivos, entidades con estas mesmas inquietudes a achegarse e participar deste espazo aberto connosco.

Que os ventos nos sexan propicios!


----------------------------------------

Después de un tiempo en puerto, la Nao se pertrecha para una nueva singladura. La base sigue siendo la misma: el conocimiento en su diversidad de lenguajes  como vía de transformación de una sociedad más libre, justa e igualitaria.

En un análisis desapasionado, mas allá de cualquier ideología, la realidad que se nos está imponiendo viene derivada de la incapacidad de la clase política inmersa en los intereses de los partidos para desarrollar un verdadera política social y la cesión a la dictadura de los mercados de las conquistas sociales y las libertades. En definitiva, un nuevo orden basado en el sometimiento de muchos a la avaricia de unos pocos.

Es en este sentido que vemos la necesidad de crear este espacio abierto a todo tipo de expresiones artísticas, justo en un momento donde la crisis y los recortes sociales están haciendo verdaderos estragos dentro de la cultura y la educación. La necesidad y el derecho de la sociedad a  expresarse a través del arte no pueden ser cuantificados como un valor más de mercado,  si no como un acto esencial del ser humano, un modo de enriquecimiento personal y colectivo, incuantificable e incuestionable.

Desde la Nao queremos compartir con todas aquellas personas, colectivos, entidades con estas mismas inquietudes a acercarse y participar de este espacio abierto con nosotros.

¡Que los vientos nos sean propicios!

16/1/12

Portada

Página 2 Página 3 Contraportada

1/9/10

ESPAZOS SONOROS 2010

Os MEtais de GAlicia é un dos proxectos musicais máis interesantes e inquedos dos últimos anos en Galicia. Esta formación nace en 2008 por iniciativa de cinco músicos profesionais, todos eles instrumentistas de vento-metal, coa intención de difundir e pular por este tipo de instrumentos e pola música para eles composta.
Os compoñentes do grupo contan cunha ampla traxectoria profesional de colaboración con formacións como a Real Filharmonía de Galicia, a Oviedo Filarmonía, a Orquesta de Cámara de Menorca e as sinfónicas de Galicia, Estremadura, Madrid, Granada, Barcelona, Navarra, Castela-León ou a Nacional de Catalunya, entre outras.
Actualmente o grupo colabora con compositores galegos no fomento da creación musical, estreando e difundindo composicións orixinais para este tipo de formacións.
Omega Brass Ensemble interpreta nos seus concertos obras estilisticamente moi variadas, dando a coñecer todo tipo de repertorio cun aire ameno e desenvolto e presentando programas destinados a todos os públicos e idades.
O programa de hoxe estará composto por obras de Bach, Enrique Crespo, Pachelbel, Mozart, ou o galego Juan Montes, entre outros.

MÚSICA PARA QUINTETO DE METAIS

Omega Brass Ensemble

Ramón Llátser: trompeta
Fernando Rey: trompeta
Benjamín Iglesias: trompa
Iago Ríos: trombón
Jonathan Vázquez: tuba

PAZO DE SAN ISIDRO 17 DE SETEMBRO 20.30 H

20/5/10

fotos das letras 2010

os veciños

Alejandro Vargas na capela
J Santana na cantina
J Santana e a sua orquesta en lata
conxuro da queimada cos castron de suevia


lectura colectiva da obra de Uxíolectura musicada

30/4/10

HORTA ECOLÓXICA


Por fin, despois de innumerables contratiempos, percances, idas e voltas xa temos horta.
Patacas, leitugas, fresas, pementos, tomates, xudias, mentas, cilantros e o que queda por sementar, pero en calqueira caso o sementado crecendo está...